ePrivacy and GPDR Cookie Consent by Cookie Consent

Home » News » The activities of the English Linguistics Circle in the press

The activities of the English Linguistics Circle in the press

Cinco anos de intenso traballo da rede de investigación Círculo de Lingüística Inglesa.

A rede de investigación Círculo de Lingüística Inglesa que coordina a profesora da USC Teresa Fanego intensificará as súas actividades docentes e investigadoras no vindeiro ano. Entre outras accións, esta rede composta por cinco grupos de investigación das Universidades de Santiago e Vigo colaborou en estudos sobre os procesos de verificación do nivel de inglés das universidades españolas (por encargo do British Council) ou no deseño e construción dun corpus de aprendices de español (por encargo do Instituto Cervantes).

Constituída en decembro de 2006, os membros da rede reuníronse recentemente para facer balance dos seus cinco anos de traballo que a levaron a ocupar unha posición destacada dentro das unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario Galego. Tanto é así que acadou financiamento ininterrompido da Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica en todas as convocatorias ás que concorreu, sendo na de 2008 a única rede de Galicia que o obtivo.

Desde a súa constitución, as actividades da rede nestes e outros campos plasmáronse na organización de varios simposios nacionais e internacionais; nun importante labor de formación de doutores (15 teses doutorais defendidas nos últimos cinco anos); na obtención de numerosos proxectos nacionais, autonómicos e europeos; e nunha forte presenza da rede en consorcios e redes internacionais, entre outros o ARCHER de lingüística de corpus, o LingNet Europe (‘Network of Centres for Linguistics and Research Groups in Europe’) e a rede CLARIN (‘Common Language Resources and Technology Infrastructure’).

[Source: XornalGalicia.com, 19/12/2011]

http://xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=80892


Leave a comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *