Teresa Fanego, nova presidenta electa da Societas Linguistica Europaea

 

Teresa Fanego, coordinadora do ELC, vén de ser nomeada este venres 31 de agosto presidenta electa (‘President Elect’) da Societas Linguistica Europaea (SLE) no marco da asemblea xeral de socios celebrada na Universidade de Tallin (Estonia). Trala súa elección, Teresa Fanego incorporouse ao Comité Executivo da SLE para converterse, a partir do 1 de setembro de 2019, en Presidenta desa prestixiosa institución.

A Societas Linguistica Europaea, con sede en Amsterdam, conta con preto de 1.500 socios. É a asociación de lingüistas de maior importancia a nivel internacional, xunto coa Linguistic Society of America. Foi fundada en 1966 por iniciativa de Werner Winter, catedrático de Lingüística da Universidade de Kiel (Alemaña), coa finalidade de promover o estudo científico das linguas europeas e non europeas. Entre os lingüistas que presidiron a asociación cóntanse, entre outros, André Martinet (U. da Sorbona), Eugenio Coseriu (U. de Tubinga), Josef Vachek (U. de Praga), Peter Trudgill (U. de Friburgo), Bernard Comrie (U. de California en Santa Bárbara), Martin Haspelmath (Instituto Max Planck de Leipzig) ou Ian Roberts (U. de Cambridge).

Teresa Fanego será a primeira persoa de nacionalidade española en acceder á presidencia da SLE nos seus 53 anos de historia, un cargo no que sucederá a Mira Ariel, catedrática de Lingüística da Universidade de Tel Aviv.

Ligazóns:

Artigo completo en El Progreso do 17 de setembro de 2018

Artigo completo en El Correo Gallego do 10 de setembro de 2018

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/09/09/catedratica-filologia-inglesa-presidenta-electa-societas-linguistica-europaeapienso-elite-linguistica-quiero-sepateresa-fanego-societas-linguistica-europaea/0003_201809S9C12991.htm

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_08/noticia_0008.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/09/04/teresa-fanego-catedratica-filoloxia-inglesa-presidira-societas-linguistica-europaea/0003_201809S4C5997.htm

https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/catedratica-teresa-fanego-elegida-presidenta-linguistas-europeos/idEdicion-2018-09-04/idNoticia-1135371/

https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1175130/catedratica-filoloxia-inglesa-teresa-fanego-nova-presidenta-electa-da-societas-linguistica-europaea

https://www.elprogreso.es/articulo/galicia/teresa-fanego-lema-dominio-ingles-ha-mejorado-mucho-jovenes-gallegos-aun-queda-mucho-hacer/201809171803041333915.html

 

3 Comments

  1. MONTSERRAT COMESAÑA says:

    Parabéns querida Teresa! Um cargo máis que merecido. A SLE está tb de parabéns por tan acertada elección ;)

  2. Rosalía says:

    Felicidades, Teresa!

  3. Loureiro Porto, Lucía says:

    Congrats, Teresa! Excellent news for the SLE!

Post a Comment


 

News »

Mario Serrano-Losada has obtained a three-year postdoctoral contract

Mario Serrano-Losada, a member of the VLCG team, has been awarded a three-year competitive postdoctoral fellowship (reference ED481B 2018/041; €42,000 per annum)...

 

Teresa Fanego, nova presidenta electa da Societas Linguistica Europaea

Teresa Fanego, coordinadora do ELC, vén de ser nomeada este venres 31 de agosto presidenta electa (‘President Elect’) da Societas Linguistica Europaea (SLE)...

 

Iria de Dios ha obtenido una beca Iberoamérica – Santander Investigación

Iria de Dios Flores, miembro del grupo PCC, ha obtenido una beca Iberoamérica – Santander Investigación en la convocatoria 2018/2019. La dotación de estas...

 

Conference closing at Vigo: Modelling the Linguistic Architecture of English: Theories and Methods

La primera edición del Congreso Internacional Modelling the Linguistic Architecture of English: Theories and Methods, organizado por el grupo LVTC y la red ELC...

 

Ph.D. Viva Announcement

Ph,D. candidate: Mario Serrano-Losada Title of Ph.D. Dissertation (International Doctorate): Evidential and mirative expressions in English and Spanish: grammaticalization...